CAPÍTULO I
DA ASOCIACIÓN EN XERAL
Artigo 1º. Constitúese en Pontevedra unha asociación sen ánimo de lucro que se denominará “Asociación Cultural-Deportiva Grupo Rural de Acción”.
A Asociación rexerase polos presentes estatutos, pola Lei orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do dereito de asociacións e pola demais lexislación existente en materia de asociacións que lle sexa aplicable.
Artigo 2º. Son fins principais da Asociación:
1º.- Promover, impulsar y divulgar la cultura y la práctica de Airsoft Técnico y Airsoft Táctico.
2º.- Facilitar hasta donde sea posible el aprovechamiento del tiempo libre y mejor disfrute de los ratos de ocio, esparcimiento y recreo.
3º.- Todos aquellos fines no enumerados específicamente que estén relacionados con la cultura, el deporte, el ocio y el mejor aprovechamiento del tiempo libre.
Artigo 3º. Para levar a cabo os seus fins, poderá a Asociación organizar as seguintes actividades:
a) Organización de competiciones de Airsoft Técnico y Airsoft Táctico.
b) Edición de la revista El Airsofter, que servirá de órgano de expresión de la Asociación y en la que los miembros de la misma, y en general todo aquel que lo desee, desarrolle sus aptitudes literarias.
c) Creación y mantenimiento de la página web www.gruporuraldeaccion.com.
d) Realización de actividades al aire libre que tengan por finalidad el contacto directo del hombre con la naturaleza y el conocimiento del entorno natural.
e) Fundación, mantenimiento y ampliación en lo posible, de una biblioteca en su sede social, alimentada fundamentalmente por las donaciones que se reciban de particulares, entidades e instituciones.
f) Otras actividades que se programen de acuerdo y con sujeción a los presentes estatutos.
Como Asociación sen ánimo de lucro, os beneficios que se obteñan por calquera concepto destinaranse exclusivamente ao cumprimento destes fins sen que se poidan repartir entre os asociados nin outras persoas físicas ou xurídicas con interese lucrativo.
Artigo 4º. O enderezo principal e permanente da Aosciación radicará na localidade de Pontevedra, rúa Santa Clara, nº 29, piso 3º, puerta ‘E’, C.P. 36002, teléfono 637.935.909, e-mail: contacto@gruporuraldeaccion.com
Artigo 5º. A Asocación en funcións dos seus fins e da ubicación do seu enderezo social, exercerá fundamentalmente as súas actividades no ámbito territorial da comunidade autónoma galega.
Artigo 6º. A duración desta Asociación é de carácter indefinido e só se disolverá a estes Estatutos, pola vontade dos/as asociados/as expresada en Asamblea Xeral extraordinaria ou polas causas previstas na lexislación vixente.
A Asociación rexerase segundo os principios democráticos contidos no marco da Constitución e o resto do orzamento xurídico.
CAPÍTULO II
DOS/AS SOCIOS/AS
Artigo 7º. Poderán ser integrantes da Asociación toda-las persoas físicas ou xurídicas, con plena capacidade de obrar ou tras o acordo do órgano competente da persoa xurídica, que reuna os seguintes requisitos:
a) Ter a maioría de idade.
b) Ser galego ou vivir en Galicia.
Artigo 8º. Dentro da Asociación poderán existir as seguintes clases de asociados/as:
Fundadores/as, aquelas persoas que suscribiron a Acta Fundacional.
Numerarios/as, aquelas persoas que ingresaron con posterioredade á subcripción da Acta Fundacional.
Honorarios/as, aquelas persoas que, a xuizo da Asemblea Xeral, axuden de xeito notable ao desenvolvemento dos fins da asocación.
Infantís, aquelas persoas menores de 18 anos que participen na Asocación, que estarán integradas na sección xuvenil, no seu caso. Precisando da autorización das persoas que ostenten a súa representación, xa que son menores de idade.
Artigo 9º. Os/as asociados/as teñen os seguintes dereitos:
Tomar parte nas Asableas con voz e voto.
Poder elexir e ser elexidos/as para cargos directivos.
Tomar parte en cantas actividades organice a Asociación en cumprimento dos seus fins.
Disfrutar de toda-las vantaxes e beneficios que a Asoaciación poda obter.
Ter copia destes Estatutos.
Ser informados/as sobre a composición da Xunta Directiva.
Recibir información sobre os acordos adoptados polos órganos da Asociación.
Facer suxerencias ós/ás membros da Xunta Directiva en orde a mellorar cumprimento dos fins da Asociación.
Que se lle poña de manifiesto o estado de contas e ingresos e gastos da Asociación todos os anos, así como o desenvolvemento da súa actividade.
Artigo 10º. Son obrigas dos/as asociados/as:
Comparti-las finalidades da asociación e colaborar para a súa consecución.
Prestar cantos servicios determinen os Estatutos, o Regulamento de Réxime Interno e os acordos das Asembleas Xerais.
Desempeñar os cargos para os que foron elexidos/as.
Asistir ás Asembleas Xerais.
Satisfacer as cuotas que se establezan.
Observar unha boa conducta individual e cívica.
Cumprir os acordos da Asemblea Xeral e o contido dos Estatutos.
Artigo 11º. Os acordos de admisión de asociados/as tomaraos a Xunta Directiva, unha vez recibida a petición escrita da persoa que desexa ser admitida. No caso de menores de idade e persoas que actuen a través de representante, a solicitude deberá ser autorizada polo/a representante, pai ou tutor do/a solicitante e se acompañará unha acreditación da identidade do/a solicitante.
Artigo 12º. A condición de asociado/a pérdese:
Por vontade propia.
Por falta de pago de 4 cotas.
Por incumprimento das súas obrigas ou a realización de accións que perxudiquen gravemente ós intereses da Asociación.
Por expediente disciplinario.
Por falecemento da persoa física ou extinción da persoa xurídica.
Artigo 13º. A expulsión de asociados/as será acordada pola Xunta Directiva, previa audiencia do/a interesado/a. O acordo de expulsión deberá ser ratificado pola Asemblea Xeral extraordinaria e contra a súa resolución poderase recurrir ante a xurisdicción ordinaria.
Cando a baixa se produza por vontade dun/ha asociado/a, éste/a deberá realizar unha petición escrita e procederá ao aboamento previo de todas as cotas que teñan pendentes.
Artigo 14º. Os/as asociados poderán pedir a separación temporal por escrito. A xunta Directiva poderá acordar a separación temporal dun asociado cando se esté tramitando un expediente sancionador, ou concuran causas xustificadas que o aconsellen, tales como o retraso no pago dalgunha cota, ou comportamentos que afecten a boa marcha dalgún dos fins da Asociación. O expediente sancionador recollerase no Regulamento de Réxime Interno, pero en todo caso a serolución poderase recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
CAPÍTULO III
DOS ÓRGANOS DA ASOCIACIÓN
Artigo 15º. A dirección e administracion da Asociación serán exercidas polo/a Presidente, a Xunta Directiva e a Asamblea Xeral.
Artigo 16º. O/a Presidente da Asociación asume a representación legal da msema e executará os acordos adoptados pola Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, presidindo as sesións que celebre unha e outra.
O/a Presidente/a será designado pola Asemblea Xeral entre socios/as que teñan polo menos 12 meses de antigüedade e o seu mandato durará 4 anos, renovables.
Artigo 17º. A Xunta Directiva estará formada por un/ha Presidente/a, un/ha Secretario/a, un/ha Tesoureiro/a e poderán constituirse canstos postos de vocais se consideren, sempre cun mínimo de dous e un máximo de seis, ou cargos de segundo rango que complementen a función dos postos de presidente/a, secretario/a e tesoureiro/a, cargos que deberán recaer en asociados/as que leven polo menos 12 meses na Asociación.
Artigo 18º. Os cargos que compoñen a Xunta Directiva serán gratuitos, sen prexuizo do dereito a ser reembolsados dos gastos debidamente xustificados, e deberán carecer de interés económico nos resultados da actividade por si mesmos ou por persoa interposta:
Elexiranse pola Asamblea Xeral os cargos e durarán 4 anos, ainda que poden ser obxecto de reelección.
O persoal de xestión da entidadde, será nomeado pola Xunta Directiva, que acordará ademais a súa retribución.
As Xuntas Directivas saíntes e entrantes, nos futuros cambios de dirección da Asocación, procurará facer unha transición fraccionada.
Artigo 19º. É función da Xunta Directiva programar e dirixir as actividades asociativas e levar a xestión administrativa e conómica da Asocación, someter á aprobación da Asemblea Xeral o orzamento anual de ingresos e gastos, así como o estado contas do ano anterior.
Así mesmo procederá a convocar e fixar as datas da Asemblea Xeral, fixar as cotas ordinarias e extraordinarias que se aproben, designar as Comisións de traballo ou seccións que se estimen oportunas para o bo funcionamente da Asocación, dictar normas interiores de organización e exercer cantas funcións non estean expresamente asignadas á Asemblea Xeral. Corresponderanlle tamén todas aquelas outras actividades que lle sexan transferidas pola Asamblea.
Artigo 20º. A Xunta Directiva celebrará as súas sesións cantas veces o determine o/a Presidente, a iniciativa propia ou a petición de calquera dos seus compoñentes. Será presidida polo/a Presidente e, na súa ausencia, polo Vicepresidente ou o/a Secretario/a, por esta orde, e a falta de ambos, polo membro da Xunta que teña máis idade.
Para que os acordos da Xunta Directiva sexan válidos deberán ser adoptados pola maioría de votos dos/as asistentes, sendo necesaria a concorrencia, polo menos, de 2/3 dos seus membros. No caso de empate decidirá o voto do/a Presidente/a.
O/a Secretario/a ou, no seu defecto, o Vicepresidente levantará acta das sesións, que se transcribirán ao libro de actas.
Artigo 21º. Os membros da Xunta Directiva presidirán as comisións que a propia Xunta acorde constituir, co fin de delegar nelas a preparación de determinados actos ou actividades, ou de recabar das mesmas as informacións necesarias. Formarán parte, ademais, das ditas comisións o número de vocais que acorde a Xunta Directiva, a proposta dos seus respectivos presidentes. Cando as necesidades o aconsellen, a Xunta Directiva poderá acordar que as comisións se desdoblen en subcomisións.
Artigo 22º. A Asamblea Xeral de asociados/as é o órgano de expresión da vontade da Asociación e estará formada por todos os/as integrantes da mesma. O/a Presidente/a e o Secretario/a serán os mesmos que os da Xunta Directiva.
Artigo 23º. A Asamblea Xeral reunirase con carácter ordinario como mínimo unha vez ó ano, e con carácter extraordinario cantas veces o acorde a Xunta Directiva, ou o soliciten o 10% dos/as socios/as. Neste último caso realizarase por medio de escrito dirixido ao/á Presidente/a, autorizado coas sinaturas dos/as solicitantes, no que se expoña o motivo da convocatoria e a orde do día.
Artigo 24º. A Asamblea Xeral ordinaria reunirase necesariamente no período que vai desde o mes de Enero ata o de Abril. Tanto a Asamblea Xeral ordinaria como a extraordinaria serán convocadas con 15 días de antelación polo/a presidente/a da Xunta Directiva.
A notificación farase nos locais da Asociación para as Asembleas Ordinarias e no domicilio dos/as asociados/as para as Asembleas extraordinarias.
Artigo 25º. Serán competencias da Asemblea Xeral ordinaria:
Aprobar a acta da reunión anterior.
Aprobar o plan de actividades.
Examinar e aprobar a memoria de actividades.
Examinar e aprobar as contas e balances do exercicio anterior.
Aprobar os orzamentos de ingresos e gastos para cada exercicio.
Exame e aprobación das cotas.
Artigo 26º. Serán competencias da Asemblea Xeral extraordinaria:
Modificar os Estatutos da Asociación.
Elixir os/as integrantes da Xunta Directiva.
Aprobar a federación con outras entidades.
Autorizar o alleamento, gravame ou hipoteca de bens sociais.
Acordar a disolución da Asocación.
Designar ós liquidores.
Ratificar a expulsión de asociados/as a proposta da Xunta Directiva.
Solicitar a declaración de utilidade pública da Asociación.
Aprobar o regulamento de réxime interno da Asociación.
As que sendo de competencia da Asemblea Ordinaria, por razóns de urxencia ou necesidade, non poidan esperar a súa convocatoria, sen grave perxuizo para a Asociación.
Todas as non conferidas expresamente á Asemblea Xeral ou a Xunta Directiva.
Artigo 27º. Para que as Asemblea poidan tomar acordos, integraranse polos/as asociados/as asistentes ou representados/as, sempre que concurran a metade máis un do total na primeira convocatoria ou transcorrida media hora en segunda convocatoria, con calquera número de asistentes, pero, en todo caso coa presenza do presidente ou vicepresidente e o secretario ou persoa que o substitúa.
Artigo 28º. Os acordos adoptados deberán selo polo voto afirmativo da maioría simple dos/as asistentes ou representados/as, excepto os relativos ós aspartados 1 ó 7 do artigo 27º, que requerirán maioría de dous tercios. A continuación levaranse os acordos ao libro de Actas e asignará ó/á Presidente, o/a Secretario/a da Asemblea. A Acta deberá ser lida na seguinte sesión celebrada pola Asemblea Xeral e aprobada por maioría.
Artigo 29º. Os acordos adoptados conforme ós precetos anteriores obrigarán a todos/as os/as asociados/as, incluso ós/ás non asistentes.
As sesións se abrirán cando así o determine o/a Presidente. Seguidamente se procederá por parte do/a Secretario/a á lectura da acta da Asemblea anterior que deberá ser aprobada.
Posteriormente, o/a Secretario/a procederá a plantexar a orde do día. Cada punto será informado polo membro da Xunta Directiva que lle corresponda, procedéndose á aprobación nos termos contidos nestes Estatutos, segundo a meteria que se trate.
Unha vez rematados todos os asuntos da orde do día se procederá a facer un turno de rogos e preguntas e adopción de acordos, concluindo o que se levantará a sesión por parte do/a Presidente/a.
Artigo 30º. Os acordos que vaian contra estes Estatutos ou infrinxan os fins da Asociación poderán ser recurridos en reposición perante a Asemblea Xeral. A partir da resolución do recurso de reposición, quedará expedita a vía para recorrer perante a xurisdicción ordinaria.
Artigo 31. O/a Presidente/a da Xunta directiva terá, ademais das facultades consignadas no artigo 17º, as seguintes atribucións:
Presidir e levantar as sesións que celebre a Xunta Directiva e a Asemblea Xeral, dirixir as deliberacións dunda e outra, decidindo con voto de calidade, en caso de empate.
Propoñer o plan de actividades da asociación á Xunta Directiva, impulsando e dirixindo as súas tarefas.
Ordenar os pagamentos acordados validamente.
Representar a Asocación perante calquera organismo público ou privado.
Firmar as actas, certificados, pagos e outros documentos da Asociación xunto co/a Secretario/a, ou membro da Xunta Directiva a que lle corresponda a elaboración do documento que se trate.
O/a Presidente/a será asistido nas súas funcións por un/ha Vicepresidente/a, se existira, que, ademáis, sustituiralle nos casos de ausencia. En caso de non existir o/a Vicepresidente/a, será o/a vocal con máis antigüedade.
Artigo 32º. O/a Secreterio/a recibirá e tramitará as solicitudes de ingreso, levará o ficheiro e o libro de rexistro de asociados e terá ao seu cargo a dirección dos traballos administrativos da Entidade. Correspóndelle, así mesmo, notificar as convocatorias e custodiar as actas e expedir certificacións das mesmas co visto e prace do/a Presidente.
Ao Secretario/a correspóndelle tamén levar o inventario dos bens da asociación nun libro establecido ao efecto.
Nos casos de ausencia, vacante ou enfermidade do secretario, o presidente designará entre os vocais a un que senvolva esta función.
Artigo 33º. O/a Tesoureiro/a recadará e custiodiará os fondos pertencentes á Asociación, dará cumprimento ás ordes de pagamento que expida o/a Presidente/a, dirixirá a contabilidade da Asociación, tomará razón e levará conta dos ingresos e dos gastos asociativos, participan en todas as operacións de orde económico.
O/a Tesoureiro/a ten a obriga de proceder ó peche do exercicio orzamentario antes do 15 de decembro, co fin de que as contas estean a disposición dos membros da Asociación nos quince días anteriores á celebración da Asemblea Ordinaria.
Artigo 34º. Os/as vocais no número que determine a Asemblea Xeral terán as seguintes atribucións:
Realizar planos, programas e proxectos na súa área de actuación, así como acometer a súa execución e procurar os suficientes controles avaliativos, así como elaborar unha memoria técnica suficiente.
Desempeñar os traballos que lle sexan encomendados pola Xunta Directiva.
Artigo 35º. As causas de cesamento dos membros da xunta directiva serán polo seguinte:
Falecemento da persoa física o extinción da persoa xurídica
Renuncia voluntaria
Transcurso do prazo para o que foron elixidos
Acordo adoptado polos asociados reunidos en Asamblea Xeral Extraordinaria convocada a tal efecto.
CAPÍTULO IV
RÉXIME ECONÓMICO
Artigo 36º. A Asociación no momento de iniciar as súas actividades dispón dun patrimonio fundacional de 405,00 €. O peche do exercicio económico coincidirá co do ano natural.
Artigo 37º. A Asociación funcionará en réxime de orzamento anual, con partidas diferenciadas de ingresos e gastos. O borrador de orzamento será elaborado polo Tesoreiro da Asociación, que deberá telo preparado antes do un de xaneiro de cada ano, a fin de que poda ser aprobado na Asemblea Xeral Ordinaria.
Artigo 38º. A Asociación manterase dos seguintes recursos:
As cotas periódicas dos/as asociados/as.
As cotas extraordinarias que propoña a Xunta Directiva e sexan aprobadas pola Asemblea.
As doazóns ou subvencións que poidan conceder órganos públicos, entidades privadas ou particulares.
Os ingresos que se poidan recibir polo desenvolvemento das actividades da asociación.
Calquera outro ingreso admitido pola normativa vixente para actividades non lucrativas.
Artigo 39º. As cotas ordinarias acórdanse pola Asemblea Xeral ordinaria, a proposta da Xunta Directiva non sendo reintegrables en caso algún e adicándose atender as necesidades da Asociación.
Artigo 40º. Anualmente con referencia ao último día do exercicio económico de cada ano, elaboraranse as contas, que se formalizarán nunha memoria, que será posta a disposición dos/as asociados/as, durante un prazo non inferior a 15 días ao sinalado para a celebración da Asemblea Xeral ordinaria, que deberá aprobalo ou censuralo.
Artigo 41º. Anualmente no tempo que se establece o artigo 25 será aprobado o orzamento pola Asemblea Xeral ordinaria.
Artigo 42º. Para a disposión de fondos das entidades bancarias onde a Asociación teña depositadas cartos, terá recoñecidas as sinaturas na entidade bancaria correspondente o/a Presidente/a e o/a Tesoureiro/a, para a utilización conxunta deles.
Artigo 43º. Como entidade sen ánimo de lucro, en ningún caso poderán ser distribuidos entre os/as asociados/as os recursos obtidos pola Asociación.
CAPÍTULO V
DO REGULAMENTO DE RÉXIME INTERNO
Artigo 44º. O Regulamento de réxime interno, no seu caso, desenvolverá aquelas materias non comtempladas directamente nos presentes Estatutos, non podendo ir en ningún caso en contra do estipulado nos mesmos. En todo caso o funcionamente interno da Asociación estará sometido ao ordenamento xurisdiccional civil.
CAPÍTULO VI
MODIFICACIÓN DE ESTATUTOS E DISOLUCIÓN DA ASOCIACIÓN
Artigo 45º. Os presentes Estatutos poderán ser modificados a proposta da Xunta Directiva ou ¼ dos/as asociados/as. A convocatoria da Asemblea Xeral extraordinaria estará acompañada do texto coas modificacións propostas, abríndose un prazo de 7 días para que calquera asociado/a poida dirixir á Secretaría as propostas e emendas que estime oportunas. Estas complementarán a documentación da citada Asemblea e serán entregadas cunha antelación mínima de 3 días á realización da mesma.
Artigo 46º. Para ser aprobada a reforma dos Estatutos será necesario o voto favorable dos 2/3 dos membros da Asemblea Xeral de asociados/as.
Artigo 47º. A Asociación disolverase polas seguintes causas:
Pola vontade dos/as asociados/as acordada polas 2/3 partes dos mesmos.
Por outras causas determinadas legalmente.
Por sentencia xudicial.
Artigo 48º. Acordada a disolución, a Asemblea Xeral Extraordinaria designará tres asociados/as liquidadores, que xunto o/a Presidente e o/a Tesoureiro/a, procederán a efectua-la liquidación dos bens, pagando débedas, cobrando créditos e fixando o haber líquido resultante.
Artigo 49º. O haber resultante unha vez efectuada a liquidación doarase a outra Asociación non lucrativa e inscrita na comunidade autónoma, que teña os mesmos ou similares fins ós desta Asociación.
O xustificante da doazón será presentado no Rexistro de Asociacións correspondente para proceder á inscrición da disolución da Asociación.